O pobo de Laias ofrece moitas posibilidades para poder descansar, pasear e descubrir algúns deses sitios pouco coñecidos e que a todos nos gusta encontrar de cando en vez, así como para gozar coas festas e actividades que se celebran tanto na parroquia como nos arredores.

Aquí tendes algunhas suxestións:

VISITAS CULTURAIS E DE LECER:

(PASADE O RATO POR RIBA DAS ESTRELAS)

 

 

 

 

- NA PROPIA PARROQUIA - Ademais das referencias que tendes na sección de patrimonio, (retablos, cruceiros, cabaceiros, igrexa vella, cova da moura, etc...) e na de arqueoloxía (restos castrexos e romanos), teñen interese as vistas que podemos percibir dende as varias pistas forestais que hai no monte comunal, con penedos curiosos coma o "Penedo da Sela" ou o "Penedo furado" e outras que podemos ir descubrindo se observamos con atención o monte que nos rodea. Preto xa do lugar de Xinzo temos as vellas minas de estaño de As Adegas.

(PINCHAR NA FOTO PARA VER A GALERÍA DE IMAXES.)

Destacar tamén a Área recreativa de Laias. Nela podemos descansar do paseo e gozar das vistas cara ao pobo e o río. Aquí temos a posibilidade de ver algunhas pedras que se trouxeron do monte e que están erosionadas polo paso do tempo, o cal lle deu formas caprichosas.

Xa na parte baixa do pobo, temos o Centro de Ocio GAELS onde podemos gozar de diversas actividades como Paintball, Minigolf, Mountainboarding, Tiro con arco, etc. o Campo do Cabalo coa "BURGA" (tanque con auga quente provinte do manancial), a vella Igrexa Parroquial coa súa portada románica. e o Complexo Termal de Laias.

Xa a carón do río Miño, podemos facer un percorrido polo Paseo Fluvial, que parte da vella igrexa románica e pasando por detrás do Balneario chega ata o pobo veciño da Barca de Barbantes (ten aproximadamente 2,5 km.) e nel podemos observar unha variada vexetación de ribeira.

 
VISTA DO PASEO FLUVIAL

Pasaremos pola Carballeira dos Presentes, na que hai moitos pés de acibro e mesmo un pozo de auga quente. 

Se o que preferimos é facer sendeirismo, temos dúas rutas a escoller: a RUTA DO MIÑO, e a RUTA DO AVIA.

A Ruta do Miño é circular con saída e chegada no Balneario de Laias. A súa dificultade é media-alta, e ten unha lonxitude aproximada de 27 km sendo a cota máxima de 440 m e a mínima de 83 m.

A Ruta do Avia tamén é circular, con saída e chegada en Cenlle. Ten unha lonxitude de aproximadamente 18 km sendo a cota máxima de 480 m e a mínima de 75. A súa dificultade é media.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITAS CULTURAIS, DE LECER E FESTAS