UNHA VIA MILENARIA NO MIÑO

A BARCA COMO MEDIO DE COMUNICACION:

A barca de Barbantes operou desde a aintigüidade no río Miño entre as parroquias de Laias e Feá. Unía o camiño procedente de Celanova e Bentrances co que subía pola Barca de Barbantes hacia as terras de Maside, O Carballiño e Pontevedra. Unía igualmente o camiño procedente de Ourense pola beira esquerda, co que seguía hacia Ribadavia e Tui, pola marxe dereita.

A súa importancia foi moita, pola potencialidade económica das comarcas que unía, e debeu estar tamén en función do estado da ponte de Ourense, durante moitos períodos de tempo sen posibilidade de uso. En 1644 foron establecidas as postas do rei, e precisamente unha delas ía desde Ribadavia ata a barca de Barbantes.

DISTINTOS TIPOS DE BARCAS:

O primeiro documento que coñecemos sobre a reconstrución da barca de Barbantes é do ano 1709. Os carpinteiros Francisco Mosquera e Benito Alonso Rey, veciños aquel de Barbantese este de Rivadavia (sic), constrúen unha barca polo prezo de 2.200 reás.

No memorial averiguación das rendas que se pagan no couto de Laias do ano 1712 consta "barca y barco de Baruantes que navegan en el río Miño y puerto de su nombre ... lleva dicho sr.condela mitad ... rregulado su producto por un quinquenio rentara anualmente ... un mil seiszientos reales de vellon de que tiene que pagar la fabrica de ellade tres en tres años por su mal puerto ilos reparos quasi mensuales, de cuio coste satisfaze la metad".

Sabemos que no ano 1757 construiron unha barca nova os carpinteiros Francisco González, veciño de Deirón, e Jacinto Sulleiro, en 4.600 reás e que o dez de marzo de 1778 remátaselle a construción dunha barca nova ao mellor postor, o mestre carpinteiro de San Cibrao das Lás, Francisco Rodríguez, que cobrará 3.430 reás, tendo que poñer "todas sus maderas, herrage y mas materiales" e rematándoa para o agosto "del año que viene". No documento especifícase como debe ser a barca "del mismo ancho y longitud que la vieja, sus maderas de castaño, y los corbatones de roble... sus gatas, cantoneras, clabacion de fierro bien fuertes y decodo á codo leha de hechar otros fuertes en el rodo de la barca también de fierro... sus remos y tablon igualmente de palo buenos yseguros".

O administrador e apoderado do Marqués de Camarasa e Conde de Ribadavia e do Colexio de Viveiro, Juan Paz, contrata en 1832 a construción dunha barca nova a José González Montoto, veciño do Outeiro en Punxín, por 4.500 reás.

En 1836 remátase a construción dunha barca nova-"la menor"- polo apoderado do Conde de Ribadavia en favor de José González Montoto por 3.000 reás.

Xa no 1838, Pedro Benito Araújo contrata a feitura dunha barca grande en 5.000 reás a Javier López, de Cristimil, que non debeu faer o traballo, pois en setembro desde mesmo ano contrátalle unha barca igual á vella por 6.000 reás a José González.

As dimensións da barca grande foron considerables, pois consta que a de mediados do século XIX cargaba ata tres carros de bois e numerosas persoas, nunha soa viaxe.

A BARCA E OCOLEXIO DA NATIVIDADE DA CIDADE DE VIVEIRO:

En 1563 María Sarmiento Ribadeneira, casada con Gómez Pérez das Mariñas, dispuxo no seu testamento que á morte do seu marido se fundase cos seus bens un Colexio de Gramática en Viveiro, deixando para o sostemento do mesmo, entre outros bens "el dominio de una barca de pasaje en Barbantes, sobre el río Miño".

En setembro de 1636 o concello de Viveiro oponse á venda disposta polos patronos, da barca e da facenda que tiña o Colexio da Natividade en Barbantes, e conseguiu o seu obxetivo porque en 1672 Pedro Sánchez, maiordomo do Colexio arréndalle a barca a Isabel de Losada e Quiroga por nove anos en 4.300 reás anuais, e en 1681 iníciase o apeo e declaración dos bens e rendas pertencentes ao colexio de Viveiro, no seu couto de Laias. Nun documento deste mesmo ano, sinálase que o Luís Piñeiro, maiordomo e administrador do colexio de Viveiro, arrendou, entre outros bens do Colexio Seminario de Viveiro "... mitad enteramente de la Barca y pasaje de Barbantes que hordinariamente pasa por el río Miño... tembien les arrendó los quintos y sextos de pan, vino, mijo, trigo y mas rentas sabidas...". O arrendo é por tres anos e tres froitos, e pagarase cada ano por el 4.400 reás de veludo.

Ata o ano 1840 funcionou o Colexio de Viveiro, incautándose o estado dos bens e rendas do mesmo ao suprimirse as ordes regulares. A Facenda Pública debeu facerse coa barca en 1847.