Nun principio un grupo de veciños e vaciñas de Laias reuníanse dúas veces por semana para as clases de canto. Xurdía coma unha iniciativa da asociación de mulleres rurais, pensando que nunha aldea na que sempre soaron cantigas nas tabernas, nas casas ou mesmo nas rúas, tiña que haber alguén interesado en perfeccionar tales prácticas.

E así foi. A idea logrou seducir a unha trintena de veciños de todo o concello, que empezaron a acudir puntualmente ás clases diridas polo pofesor D.Bernardo Martínez González. D.Bernardo comenzóu a sua formación musical dende moi temprana idade. Fixo estudos de técnica da voz, impostación, vocalización, relajación, etc. con D.Gumersindo Lópz, profesor do conservatorio da Habana. Realizóu dous cursos de canto coral cos pofesores D.José Luis Lloret (catedrático do conservatorio de Madrid) e con Vicente Abeijón (pofesor do conservatorio deVigo. Foi director do coro dos PP.FF. de Rivadavia durante varios anos.

Da súa man formouse esta Coral Polifónica de Laias, conseguindo uns resultados moi satisfactorios, tedo en conta a heteroxeneidade do grupo e a novidade do repertorio, no que predominaban pezas de música clásica ou medieval. Dirixiu esta Coral dende a súa formación ata o ano 2012, en que se celebróu ou décimo aniversario da Coral, deixando paso a un novo director D.Carlos Iglesias Alvarez, o cal a dirixe dende entón.

O repertorio da Coral é moi variado contando con máis de cen obras, tanto de música clasica coma popular, que ías estrenando en cada unha das actuacións que foron tendo. Teñen o seu haber un 3ºpremio de composición Alexandre Bóveda. E tamén temos que destacar a cancíon "Ribeirana". Este e un poema de Victor Campio Pereira que fala de Laias e o que lle puxo música o director D.Bernardo Martínez.A coral estrenóu esta canción na celebración do día das letras galegas do ano 2004.