Benvidos e benvidas a este pequeno curruncho da comarca do Ribeiro, pertecente ó concello de Cenlle, na provincia de Ourense, cheo de xente tradicionalmente hospitalaria, fermosas paisaxes, lendas cautivadoras e augas curativas e relaxantes.
A través das distintas seccións desta páxina poderedes ir coñecendo a súa xeografía, historia e arqueoloxía milenarias, o seu patrimonio, as súas augas termais e curativas, tradicións, agrupacións culturais...da parroquia de Laias.
Na parte superior desta folla tendes unha vista do lugar tomada dende o chamado Penedo da Sela e a continuación o poema "Ribeirana" pertencente ao poeta Víctor Campio Pereira, fillo dun veciño desta parroquia.
**** COVID 19 ******
PREGÁMOSVOS QUE SIGADES AS NORMAS DE SEGURIDADE E O USO DA MÁSCARA EN TODO MOMENTO PARA PODER SAIR PRONTO DESTA SITUACIÓN E VOLVER AXIÑA Á NORMALIDADE.
GRAZAS.